Páginas

sábado, 23 de noviembre de 2024

A Fraga Máxica da cortiña (San Sadurniño 2023)

Visitamos en Xulio de 2023 a "Fraga Máxica da cortiña", situada en San Sadurniño próxima ó río Xuvia. 

O concello de San Sadurniño encargou a artistas locais de 2Duendes, Carlos García e Marina Goti, o deseño deste fantástico universo que se integra á perfección no espazo, xa que as esculturas están talladas en madeira, todas con motoserra de carballo seco, castiñeiro, ciprés e acacia.



Atópase no paseo fluvial do río Xubia, nun bosque galego de especies autóctonas (a fraga da Cortiña), rodeado de loureiros, carballos, sobreiras, castiñeiros e outras especies. Un proxecto medioambiental que nace para ser representativo precisamente de todos os tipos de monte existentes en Galicia.


ENLACES: