Páginas

sábado, 17 de agosto de 2013

XIII TRÍATLON CIDADE DE FERROL (julio 2013)

CARMEN GÓMEZ E ANTONIO SERRAT, VENCEDORES DO XIII TRÍATLON CIDADE DE FERROL 
  
CARMEN GÓMEZ E ANTONIO SERRAT, VENCEDORES DO XIII TRÍATLON CIDADE DE FERROL

(http://fegatri.org prensa 14/07/2013) 
Carmen Gómez (Tríatlon Ferrol) e Antonio Serrat (Wild Wolf Cidade de Lugo Fluvial) proclamáronse hoxe vencedores do XIII Tríatlon Cidade de Ferrol, que é unha proba clasificatoria para o Campionato Galego 2013. As e os deportistas máis novos amosaron nesta proba que veñen empurrando con moita forza.

 A carreira elite disputouse na modalidade de sprint, con 750 m de natación na praia de Caranza, a continuación 20 quilómetros do segmento de ciclismo  e finalizaron coa carreira a pe de 5 quilómetros. Na proba feminina a gañadora foi a deportista cadete do club local Carmen Gómez. Foi a mellor xa no primeiro segmento de natación, mentres que na bicicleta estivo entre as mellores e rubricou todo na carreira a pe, cun magnífico segundo posto. Así, chegou a meta no primeiro posto cun tempo de 1:17:05, mentres que segunda foi Marta Barbeito (A.D. Fogar) cun tempo de 1:17:50, que loitou polo triunfo nos primeiros segmentos, pero non puido plantar cara a Carmen na carreira a pe. O bronce foi para Silvia Veira (Arcade Inforhouse), a un 1:56 da primeira clasificada.
 
 

Na categoría masculina tamén houbo reivindicacións dos máis novos. Proclamouse vencedor o xúnior Antonio Serrat por diante dun veterán do tríatlon galego e español, Iván Cáceres (Diablillos de Rivas), que pouco puido facer ante o impulso do vigués.
 

Serrat, que normalmente é un pouco más débil na natación, fixo nesta ocasión un primeiro segmento bastante bo, rematando na cuarta posición e despois xa non deu opción na bicicleta e na carreira a pe, xa que foi o mellor en ambos sectores. Antonio Serrat rematou a proba cun tempo de 1:06:41, por diante de Cáceres que foi de menos a máis, pero sen ter opcións de alcanzar ao vencedor (a 40 segundos). O terceiro clasificado foi o cadete Andrés Cendán (Dexter Tríatlon Compostela) cun tempo de 1:07:32.

O resto dos vencedores nas diferentes categorías foron:
- Cadete: Carmen Gómez (Tríatlon Ferrol) e Andrés Cendán (Dexter Tríatlon Compostela).
- Xúnior: Diana Cotón (Arcade Inforhouse) e Antonio Serrat (Wild Wolf Cidade de Lugo).
- Sub 23: Silvia Veira (Arcade Inforhouse) e Pablo Vilas (Dexter Tríatlon Compostela).
- Veterán 1: Belén Lemat (Wild Wolf Cidade de Lugo) e Mauricio Martín (Wild Wolf Cidade de Lugo).
- Veterán 2: Virginia Jiménez (Roqsport.com-San Roque) e José Manuel Otero (Muralla de Lugo).
- Clubs: Arcade Inforhouse (feminino) e Muralla de Lugo (masculino).
 

 Video de la prueba:


 Links:
Federación Galega de Traithlon

No hay comentarios:

Publicar un comentario