Bienvenid@s a este blog en el cual queremos dar a conocer esta fascinante Comarca llamada Ferrolterra. Te invitamos a que compartas con nosotros cualquier material que consideres oportuno sobre la comarca (fotografias, artículos, opiniones, etc). Nuestro contacto es visionesdeferrolterra@gmail.com

miércoles, 6 de junio de 2012

Los auténticos percebeiros de A costa da Morte

Esta entrada va sobre el oficio de percebeiro, un video originalmente grabado en VHS en la TVG hace un monton de años y posteriormente digitalizado en nuestros estudios. En la grabación salen unos auténticos percebeiros de "a costa da morte", los protagonistas desde entonces viendo su potencial audiovisual crearon el duo Pinto (Suso Lista) y Cobiñas (Manuel Castro) y actualmente hacen la serie de humor "Para mariñeiros nós" .




 "Para mariñeiros nós", aquí salen Pintos y Cobiñas metidos a Actores;



Entrevista; manuel castro duarte actor de «para mariñeiros nós» «Se non houbese disputas quedariamos sen humor»

A traxectoria vital do coprotagonista da exitosa serie de V Televisión demostra que, para mariñeiro, el
J. V. L.
carballo/la voz.
8/7/2010
Manuel Castro Duarte (Laxe, 1972) traballa a tempo completo con Omar Rabuñal e Suso Lista na rodaxe da serie Para Mariñeiros Nós que emite V Televisión. Antes de embarcarse neste proxecto, viviu multitude de experiencias que lle permiten falar en primeira persoa de todo o que ten algo que ver co mar.
-¿Cando empezou a traballar como actor?
-O primeiro que fixen foi un documental de pesca para o programa Jara y Sedal de televisión española, fai xa un lote de anos. Pagárenme daquela 80.000 pesetas. Despois estiven con Suso nun proxecto que se chamou Vivan as Mareas, antes de que se rodase Mareas Vivas e agora levo algo máis de catro anos coas curtas de Omar.
-¿É certo que tamén fixo algunhas incursións no mundo do baile?
-[Risas] Cando fixen a mili en Madrid presenteime a un concurso que facía José María Íñigo chamado La juventud Baila. Cheguei á final, pero nun dos saltos caín. Daban unha viaxe a Canarias que non gañei, pero levei o terceiro premio de consolación e máis un nocello vendado.
-¿Tivo ocasións para viaxar dende entón?
-Con 15 anos fixen o certificado médico, que daquela dábano en Laxe, e embarquei como cociñeiro nun mercante cara Ceuta e Casablanca. Despois fixen un par de costeiras ao bonito no Mari Cruz, estiven traballando unha tempada na construción en Navarra e pescando chegabamos ata Avilés e Ondarribia. Agora xa non nos deixan ir aló.
-¿Como chegou ao Bronx de Nova Iorque?
-[Máis risas]. Esa é unha historia un pouco longa. Marchei con meu irmán que andaba nun mercante, porque me ía embarcar el. Cando chegamos alá resulta que non había traballo e grazas que atopamos a uns asturianos de Mieres que limpaban cristais. Estiven un mes e pico con eles. Un día, nun edificio deses de 60 ou 70 pisos, deume un apertón e tiven que lle petar na fiestra para que me abriran e me deixaran ir ao baño.
-¿Dende entón andivo sempre no mar?
-Si. Teño unha embarcación aquí en Corme, O Cantinflas, de 7,30 de eslora por 2,60 de manga. Sempre andiven á centola, aos miños, ao percebe, o que ía saíndo. Agora traballan os meus fillos Diego e Adrián. Se isto non dá calquera día terei que volver eu
-¿Que tal se leva con Omar e mais con Suso?
-Con Omar moi ben, con Suso, bueno, porque ás veces faise algo aburrido [ironiza] aínda que é bo rapaz. Somos bos amigos pero andamos sempre guerreando. Iso é o bo porque se non houbese disputas quedariamos sen humor.
-¿Como lle senta o personaxe de Cobiñas?
-Non se pode dicir moi alto porque se lle quenta moito a orella, pero para min todo o que escribe Suso gústame e séntame moi ben. Traballaría toda a vida disto se puidese.

Fuentes: La Voz de Galicia







2 comentarios: