Esta entrada va sobre el oficio de percebeiro, un video originalmente grabado en VHS en la TVG hace un monton de años y posteriormente digitalizado en nuestros estudios. En la grabación salen unos auténticos percebeiros de "a costa da morte", los protagonistas desde entonces viendo su potencial audiovisual crearon el duo Pinto (Suso Lista) y Cobiñas (Manuel Castro) y actualmente hacen la serie de humor "Para mariñeiros nós" .
"Para mariñeiros nós", aquí salen Pintos y Cobiñas metidos a Actores;
Entrevista; manuel castro duarte actor de «para mariñeiros nós» «Se non houbese disputas quedariamos sen humor»
A traxectoria vital do coprotagonista da exitosa serie de V Televisión demostra que, para mariñeiro, el
- J. V. L.
- carballo/la voz.
- 8/7/2010
Manuel Castro Duarte (Laxe, 1972) traballa a tempo
completo con Omar Rabuñal e Suso Lista na rodaxe da serie Para
Mariñeiros Nós que emite V Televisión. Antes de embarcarse neste
proxecto, viviu multitude de experiencias que lle permiten falar en
primeira persoa de todo o que ten algo que ver co mar.
-¿Cando empezou a traballar como actor?
-O primeiro que fixen foi un documental de pesca
para o programa Jara y Sedal de televisión española, fai xa un lote de
anos. Pagárenme daquela 80.000 pesetas. Despois estiven con Suso nun
proxecto que se chamou Vivan as Mareas, antes de que se rodase Mareas
Vivas e agora levo algo máis de catro anos coas curtas de Omar.
-¿É certo que tamén fixo algunhas incursións no mundo do baile?
-[Risas] Cando fixen a mili en Madrid presenteime a
un concurso que facía José María Íñigo chamado La juventud Baila.
Cheguei á final, pero nun dos saltos caín. Daban unha viaxe a Canarias
que non gañei, pero levei o terceiro premio de consolación e máis un
nocello vendado.
-¿Tivo ocasións para viaxar dende entón?
-Con 15 anos fixen o certificado médico, que
daquela dábano en Laxe, e embarquei como cociñeiro nun mercante cara
Ceuta e Casablanca. Despois fixen un par de costeiras ao bonito no Mari
Cruz, estiven traballando unha tempada na construción en Navarra e
pescando chegabamos ata Avilés e Ondarribia. Agora xa non nos deixan ir
aló.
-¿Como chegou ao Bronx de Nova Iorque?
-[Máis risas]. Esa é unha historia un pouco longa.
Marchei con meu irmán que andaba nun mercante, porque me ía embarcar el.
Cando chegamos alá resulta que non había traballo e grazas que atopamos
a uns asturianos de Mieres que limpaban cristais. Estiven un mes e pico
con eles. Un día, nun edificio deses de 60 ou 70 pisos, deume un
apertón e tiven que lle petar na fiestra para que me abriran e me
deixaran ir ao baño.
-¿Dende entón andivo sempre no mar?
-Si. Teño unha embarcación aquí en Corme, O
Cantinflas, de 7,30 de eslora por 2,60 de manga. Sempre andiven á
centola, aos miños, ao percebe, o que ía saíndo. Agora traballan os meus
fillos Diego e Adrián. Se isto non dá calquera día terei que volver eu
-¿Que tal se leva con Omar e mais con Suso?
-Con Omar moi ben, con Suso, bueno, porque ás veces
faise algo aburrido [ironiza] aínda que é bo rapaz. Somos bos amigos
pero andamos sempre guerreando. Iso é o bo porque se non houbese
disputas quedariamos sen humor.
-¿Como lle senta o personaxe de Cobiñas?
-Non se pode dicir moi alto porque se lle quenta
moito a orella, pero para min todo o que escribe Suso gústame e séntame
moi ben. Traballaría toda a vida disto se puidese.
Fuentes: La Voz de Galicia
Menudo par, son la leche, :)
ResponderEliminarEl último video se sale, me parto de risa.....
ResponderEliminar