CARMEN GÓMEZ E ANTONIO SERRAT, VENCEDORES DO XIII TRÍATLON CIDADE DE FERROL 
(http://fegatri.org
prensa 14/07/2013)  
Carmen Gómez (Tríatlon 
Ferrol) e Antonio Serrat (Wild Wolf Cidade de Lugo Fluvial) 
proclamáronse hoxe vencedores do XIII Tríatlon Cidade de Ferrol, que é 
unha proba clasificatoria para o Campionato Galego 2013. As e os 
deportistas máis novos amosaron nesta proba que veñen empurrando con 
moita forza.
 A carreira elite disputouse na modalidade de sprint, con 750 m de 
natación na praia de Caranza, a continuación 20 quilómetros do segmento 
de ciclismo  e finalizaron coa carreira a pe de 5 quilómetros. Na proba 
feminina a gañadora foi a deportista cadete do club local Carmen Gómez. 
Foi a mellor xa no primeiro segmento de natación, mentres que na 
bicicleta estivo entre as mellores e rubricou todo na carreira a pe, cun
 magnífico segundo posto. Así, chegou a meta no primeiro posto cun tempo
 de 1:17:05, mentres que segunda foi Marta Barbeito (A.D. Fogar) cun 
tempo de 1:17:50, que loitou polo triunfo nos primeiros segmentos, pero 
non puido plantar cara a Carmen na carreira a pe. O bronce foi para 
Silvia Veira (Arcade Inforhouse), a un 1:56 da primeira clasificada.
Na categoría masculina tamén houbo reivindicacións dos máis novos. 
Proclamouse vencedor o xúnior Antonio Serrat por diante dun veterán do 
tríatlon galego e español, Iván Cáceres (Diablillos de Rivas), que pouco
 puido facer ante o impulso do vigués.
Serrat, que normalmente é un pouco más débil na natación, fixo nesta 
ocasión un primeiro segmento bastante bo, rematando na cuarta posición e
 despois xa non deu opción na bicicleta e na carreira a pe, xa que foi o
 mellor en ambos sectores. Antonio Serrat rematou a proba cun tempo de 
1:06:41, por diante de Cáceres que foi de menos a máis, pero sen ter 
opcións de alcanzar ao vencedor (a 40 segundos). O terceiro clasificado 
foi o cadete Andrés Cendán (Dexter Tríatlon Compostela) cun tempo de 
1:07:32.
O resto dos vencedores nas diferentes categorías foron:
- Cadete: Carmen Gómez (Tríatlon Ferrol) e Andrés Cendán (Dexter Tríatlon Compostela).
- Xúnior: Diana Cotón (Arcade Inforhouse) e Antonio Serrat (Wild Wolf Cidade de Lugo).
- Sub 23: Silvia Veira (Arcade Inforhouse) e Pablo Vilas (Dexter Tríatlon Compostela).
- Veterán 1: Belén Lemat (Wild Wolf Cidade de Lugo) e Mauricio Martín (Wild Wolf Cidade de Lugo).
- Veterán 2: Virginia Jiménez (Roqsport.com-San Roque) e José Manuel Otero (Muralla de Lugo).
- Clubs: Arcade Inforhouse (feminino) e Muralla de Lugo (masculino).
 Video de la prueba:Links:
Federación Galega de Traithlon




No hay comentarios:
Publicar un comentario