Visitamos en Xulio de 2023 a "Fraga Máxica da cortiña", situada en San Sadurniño próxima ó río Xuvia.
O concello de San Sadurniño encargou a artistas locais de 2Duendes, Carlos García e Marina Goti, o deseño deste fantástico universo que se integra á perfección no espazo, xa que as esculturas están talladas en madeira, todas con motoserra de carballo seco, castiñeiro, ciprés e acacia.
Atópase no paseo fluvial do río Xubia, nun bosque galego de especies autóctonas (a fraga da Cortiña), rodeado de loureiros, carballos, sobreiras, castiñeiros e outras especies. Un proxecto medioambiental que nace para ser representativo precisamente de todos os tipos de monte existentes en Galicia.
ENLACES:
- Pico Ferreira (San Sadurniño)
- A Fraga Maxica da Cortiña
- A FRAGA MAXICA
- Fragas del Eume
- Paseo da Ribeira en Naron
- Fervenza do Belelle
- A presa do Rei (Rio Xuvia)