«Vemos especulación pura e dura»
César Bedoya Díaz (Serantes, 1951) é un dos integrantes da plataforma
en contra da ruta sur do tren a Caneliñas e soe exercer de portavoz dos
máis de trinta asociacións e colectivos que a conforman.
-¿Rexeitan vostedes o proxecto do tren ao porto exterior?
-Nesta plataforma hai sensibilidades moi distintas, pero non, todo o
contrario. Como grupo estamos a favor de que se faga o tren, somos
defensores diso, pero pola ruta norte.
-¿Cales son os beneficios desa ruta norte sobre a sur?
-A grandes rasgos, evitaría o viaducto sobre a Malata e, tamén,
enlazaría cos polígonos industriais. Ademais, desde a Autoridade
Portuaria, en entrevistas que tivemos, nos indican que ese trazado é
aceptable.
-¿E porque se optou pola ruta sur?
-Porque cada obra que se fai no mar en zonas que xa están castigadas
implica unha nova pérdida de mar ou un progresivo deterioro ata que a
propia cidadanía acaba por pedir que iso se rechee. Vemos especulación
pura a dura. Na Malata xa debería terse feito unha tarefa de limpeza a
rexeneración para recuperala para o marisqueo, e recuperar incluso
praias como a de Copacabana. Con ese viaducto iso xa non se pode facer,
anúlanse as posibilidades de mellora e quedarán ahí un millón e pico de
metros cadrados para especular con eles. Metros cadrados que, como se
soe decir, son gañados ao mar, pero eu considero que son roubados ao
mar.
Para ler a entrevista completa ir o seguinte enlace: La Voz de Galicia
Mais información do colectivo en defensa da Ría de Ferrol, neste blog
http://oqueescondeotrenaoportoexterior.blogspot.com.es/
No hay comentarios:
Publicar un comentario